Actividades deseñadas e desenvolvidas desde a perspectiva da incorporación de colectivos sociais en procesos e proxectos de ámbito científico, nunha relación de beneficio mutuo, que redunda na xeración dunha nova cultura científica. Para isto, desenvólvense programas que facilitan a comunicación e que traballan para o fortalecemento da candidatura desde diversas dimensións: naturais, científicas, sociais, culturais, económicas, de xestión, ordenación e conservación.