Faite Voluntario

Inicio | Unete | Faite Voluntario
Faite Voluntario

Desde os seus inicios, e dado que así o esixe UNESCO, dotouse a este proxecto dun carácter eminentemente participativo, implicando á sociedade en todos os seus niveis. A creación e posta en marcha dun Corpo de Voluntarios desde o que se apoiará o desenvolvemento de accións científicas, técnicas e de difusión social da candidatura, canaliza todas as accións de participación cidadá.

Asegurar o apoio cidadán en cada unha das liñas de traballo fundamentais da candidatura, pasa por estruturar este Corpo de Voluntarios da seguinte maneira:

Se te sumas ao noso Equipo de Traballo, poderás participar en accións como as que seguen:

Voluntariado Científico-Técnico:

  • Participación en Programas Ciencia Cidadá.
  • Coñecementos profundos acerca do funcionamento da Convención do Patrimonio Mundial e as Directrices Prácticas.
  • Asistencia en xeración de contidos científicos en programas de divulgación/sensibilización (unidades didácticas, charlas, seminarios...).
  • Asistencia técnica na celebración de eventos Congresos / Xornadas / Seminarios... de difusión da candidatura Illas Cíes.
  • Visitas guiadas ás illas a determinadas entidades/organizacións co fin de promover/divulgar o ben.

Voluntariado Social:

  • Accións de difusión da Candidatura Illas Cíes e busca de apoios sociais.
  • Coñecementos profundos acerca do funcionamento da Convención do Patrimonio Mundial e as Directrices Prácticas.
  • Accións para a captación de máis voluntarios que se sumen ao proxecto.
  • Distribución e entrega de material divulgativo da Candidatura Illas Cíes Patrimonio Mundial.
  • Visitas guiadas ás illas a determinadas entidades/organizacións co fin de promover/divulgar o ben.

Voluntariado Ambiental:

  • Accións de conservación ambiental no entorno das Illas Cíes.
  • Accións de divulgación de riqueza ambiental das Illas Cíes.
  • Accións de sensibilización cidadá acerca de problemas e melloras ambientais nas Illas Cíes.

Nesta sección atoparás información sobre os diferentes Programas e Actividades que se poñen en marcha para cada un dos Corpos Voluntarios, esperando que algún de eles xere o teu interese e formes parte deste equipo de traballo.

SÚMATE A NÓS! O TEU APOIO VALE UN MUNDO!

Formulario de Pre-Inscrición ao Programa de Voluntariado

En que tipo de Actividades de Voluntariado estás interesado?


Os Nosos Programas

Programa Voces de Apoio

Inicio: 1 de Novembro 2017

O obxectivo deste Programa é conseguir o respaldo dunha masa social ampla, diversa e representativa á Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. Ao mesmo tempo, perséguense os seguintes obxectivos:

  • Difundir información de rigor técnico e científico sobre as illas Cíes.
  • Poñer en valor o territorio.
  • Incrementar a sensibilización e a conciencia ambiental pola preservación e conservación deste espazo natural.

Para máis información aquí podes descargar as bases que regulan o funcionamento deste Programa de Voluntariado:

Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar