O Noso Traballo

Inicio | Candidatura Unesco | O Noso Traballo
O Noso Traballo

O Concello de Vigo emprende as accións necesarias para a inclusión das Illas Cíes como ben Patrimonio Mundial UNESCO, en 2012. Desde os seus inicios, e dado que así o esixe UNESCO, dotouse ao proceso dun carácter participativo, incorporando a axentes do ámbito social, económico e académico. Só de esta maneira podemos abordar o proxecto das Illas Cíes cara a inclusión na Listaxe de bens Patrimonio Mundial UNESCO, de forma íntegra, dimensionada e rigorosa.

Baixo esta perspectiva e enfoque de traballo, deseñouse un programa de actuacións que está sendo executado directamente polo Equipo de Coordinación da Candidatura e que implica de maneira transversal a todas as áreas de traballo da corporación local.

Na actualidade nos atopamos desenvolvendo as accións que conforman a Folla de Ruta 2017-2019, a cal nútrese parcialmente dos resultados acadados a través do primeiro período do proceso (2012-2017).

A nosa Folla de Ruta 2017/2019 estrutúrase en tres grandes dimensións de traballo.


Coordinación Institucional

Obxectivo: establecer colaboracións e acordos con outras institucións, unindo esforzos para acadar o obxectivo común de converter ás Illas Cíes en ben Patrimonio Mundial Natural UNESCO.

As accións resultan en colaboracións específcas en forma de convenios bilaterais, acordos sectoriais en pro do fortalecemento da Candidatura, en calquera das súas dimensións (científico-técnica, económico-social, ambiental-conservacional).

Na actualidade firmouse un importante convenio marco de colaboración coa Universidade de Vigo co fn de contar cos mellores expertos tanto nacionais como internacionais á hora de validar cientificamente o expediente da candidatura.

Ademais, acadáronse tamén acordos co sector privado para a realización de acciones de promoción, divulgación e sensibilización do ben.

Abel Caballero firma convenio de colaboración coa Universidade de Vigo

Traballos científico-técnicos

Obxectivo: apuntalar a xustificación científico-técnica do cumprimento dos criterios UNESCO e as conclusións agregadas do Valor Universal Excepcional das Illas Cíes, que certifquen os seus atributos para ser considerado ben Patrimonio Mundial Natural.

Trabállase directamente e en colaboración continua con diversas entidades e organizacións do sector académico, así como consultoras externas especializadas. O resultado último deste bloque de accións é validar cientificamente, con todo rigor e solidez, o expediente de candidatura, tal e como esixen as Directrices UNESCO.


Traballos de difusión / comunicación / promoción de apoios

Obxectivo: reforzar a candidatura desde a máxima participación dos grupos de interese, a todos os niveis, incluíndo administración, ámbito empresarial e económico, sector científico e académico e a sociedade civil en xeral.

Desenvólvense accións concretas que traballan na difusión científico-técnica, a educación e a sensibilización, a conservación do ben e, de maneira particular, a suma de apoios á Candidatura en pro de conseguir o maior número de apoios, implicacións e participación activa da sociedade e do ámbito empresarial e social da área de influencia.

Traballos de difusión e promoción de apoios da Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

A Candidatura das Illas Cíes para ser declaradas Patrimonio Mundial UNESCO conclúese como unha Candidatura coordinada, sólida e dedicada cara a consecución do obxectivo último do éxito no proceso, que se basea no convencemento da potencialidade das Illas como firmes merecedores de dito recoñecemento.

Este intenso traballo de estes primeiros 5 anos reforzou a Candidatura, desde os seguintes aspectos:

  • Demostración do alto compromiso e dedicación do Concello de Vigo.
  • Forte carácter participativo.
  • Gran impacto xerado na sociedade.
  • Resposta de apoio e colaboración activa de diversos representantes e personalidades de prestixio no entorno local, rexional, nacional e internacional.

Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar