Yolanda Aguiar - Coordinadora
Directora do Proxecto de Candidatura das Illas Cíes Patrimonio Mundial. Técnico de Administración Especial no Concello de Vigo. Licenciada en Dereito, Licenciada en Filoloxía Inglesa, Máster en Dereitos Fundamentais. Diploma de Directiva Pública polo Instituto Nacional de Administracións Públicas.
No ano 2005 é nomeada Directora Xeral do Gabinete de Presidencia do Parlamento de Galicia, cargo que ocupou ata 2009, momento no que reingresa ao Concello de Vigo, onde se fai cargo da Xefatura de Relacións de Fomento do Emprego. Na actualidade está adscrita na Alcadía de Vigo onde ten encomendada a Dirección en materia de Relacións Institucionais.