Debido á profunda riqueza natural que caracteriza ás Illas Cíes, desde os diversos órganos da administración con competencia en xestión de espazos naturais, apóstase e céntranse os esforzos pola protección e preservación destas magnífcas condicións de singularidade ecolóxica e ambiental.
De maneira particular, as Illas Cíes destacan por seren designadas baixo o amparo de diversas figuras de protección ambiental e de contar con sistemas específcos de xestión e conservación.
Na seguinte táboa recóllense algunhas outras designacións das Illas Cíes:
Zona de interese xeral polo seu ecosistema ou hábitat, cuxa conservación é compatible co aproveitamento dos seus recursos e as actividades dos seus habitantes.
Espazos naturais de alto valor ecolóxico e cultural, pouco transformados que, pola beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa fora, fauna ou xeoloxía, posúen valores cuxa conservación merece unha atención preferente.
Son espazos nos que, polos seus valores ou interese natural, cultural, científco, educativo ou paisaxístico, é necesario asegurar a súa conservación.
Convenio sobre a protección do medio mariño do Atlántico nordeste.
Zonas de Europa designadas de interese comunitario pola súa potencial contribución a restaurar o hábitat natural, incluíndo os ecosistemas e a biodiversidade silvestre.
Zonas a protexer para evitar a contaminación e o deterioro dos lugares nos que habitan e aniñan as aves de forma permanente ou nas súas migracións.
Non é ata o ano 2002 que se crea, acordado polo Congreso dos Diputados, o Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas, do cal as Illas Cíes non só forman parte xunto coas illas de Ons, Sálvora e Cortegada, senón que son o peso máis importante tanto a nivel de extensión, como de importancia e riqueza biolóxica, así como ao respecto do seu estado de conservación. Sobre este último punto é importante advertir que estas illas foron capaces de converterse no espazo de uso e gozo, sen poñer en dúbida a conservación do ben natural, grazas ás diversas medidas de protección e a non contar con zonas de asentamento humano permanente e ao seu escaso desenvolvemento económico.
Á par do seu valor natural, constitúense ademais como un territorio de gran valor patrimonial e cultural, que fan destas illas lugares que albergan lendas, tradicións, etc; e unha riqueza singular histórica.
Ademais de constatar a súa riqueza, estas figuras aseguran medidas de xestión que contribúen a asegurar a protección e conservación do espazos. Por iso, establécense limitacións específcas e regúlanse actividades que nelas se desenvolven, a través dunha zonifcación do espazo establecendo criterios de uso, visitas, etc; todo aquilo que poda chegar a alterar ou poñer en perigo a estabilidade dos ecosistemas.