As Illas Cíes caracterízanse tamén por un rico patrimonio somerxido, baixo o cal se poden atopar pecios, numerosas áncoras líticas e outros restos arqueolóxicos. Xa no ano 1982 atopouse un anel con selo ducal, e en 1991, extraéronse dous sabres preto do baixo Berrón.
Anos máis tarde, o equipo do investigador arqueólogo Miguel San Claudio (Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela), convencido do importantísimo patrimonio submarino co que se atoparon nas Illas Cíes, ven traballando na primeira catalogación dos restos de barcos afundidos e outros elementos patrimoniais submarinos, destacando a localización do que supoñen un barco da frota de Francis Drake.