A lagoa somera entre as illas de Monteagudo e do Faro é una lagoa de auga salgada cunha elevada biodiversidade. Coñécese co nome de Lago dos Nenos .
Os refuxios que nela se atopan fan que sexa o enclave ideal para o desenvolvemento de fauna piscícola, dispoñendo dunha ampla variedade de refuxios e abundancia de alimentos. Por exemplo, múxeles (Chelon labrosus), chaparela (Diplodus vulgaris) ou maragotas (Labrus bergylta).
Na contorna da lagoa crecen formacións vexetais ligadas a humidade do chan, como os pasteiros salinos atlánticos, que acollen unha gran variedade de aves e especies vexetais endémicas.
Estas zonas son especialmente importantes para as aves limícolas invernantes nas Illas, que utilizan estes hábitats como fonte de alimentación, como o pilro tridáctilo (Calidris alba), o pilro común (Calidris alpina) ou o bilurico bailón (Actitis hypoleucos).