Patrimonio da Humanidade

Inicio | Candidatura Unesco | Patrimonio Da Humanidade
Patrimonio da Humanidade

É fundamental coñecer ben o programa Patrimonio Mundial UNESCO, para comprender a idoneidade das Illas Cíes para ser declaradas baixo este recoñecemento e apoiar dunha maneira fundamentada o proxecto de Candidatura.

Así é que se suxire a lectura da pequena descrición do Programa que se presenta, ao igual que se aconsella consultar a páxina web oficial de UNESCO, a través da cal se poderá acceder a toda a información de interese ao respecto.


Icono UNESCO Canidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

Historia e percorrido Patrimonio Mundial UNESCO

Debido a preocupación por parte das Nacións Unidas sobre a conservación do patrimonio, ameazado pola evolución das actividades económicas e o desenvolvemento social, propúxose a celebración dunha convención para protexer o patrimonio cultural común da humanidade, sendo os Estados Unidos os que iniciaron a idea de combinar a conservación cultural coa natural. É así que o 16 de novembro do ano 1972, reúnense en París na XVII Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, coñecida polas súas siglas UNESCO, onde adopta a Convención sobre a protección do Patrimonio Mundial Cultural e Natural. Actualmente 191 países son asinantes da Convención.

Nesta Convención defínense as características que deben reunir as candidaturas para optar a patrimonio cultural e patrimonio natural. O obxectivo do programa é catalogar, preservar e dar a coñecer sitios de importancia cultural ou natural excepcional para a herdanza común da humanidade. Os bens adscritos poden obter financiamento proveniente do Fondo para a Conservación do Patrimonio Mundial para contribuír a súa conservación, sempre que cumpran certos requisitos.

É importante destacar que o fin real da inscrición na Listaxe Indicativa, é a de mellorar os procesos de conservación en todos os niveis e isto débese ter en conta durante todo o proceso de elaboración da candidatura.


Icono datos estadísticas Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

Datos - Estatísticas

Actualmente, hai un total de 165 Estados Parte e o número de bens inscritos ascende a 1073, dos cales:

  • 832 están inscritos como Patrimonio Cultural.
  • 206 pertencen a Patrimonio Natural.
  • 35 correspóndense con Patrimonio Mixto.

Pódese acceder á listaxe total de bens designados Patrimonio Mundial a través deste enlace.

Cada ano inscríbense novos bens na listaxe, adoitan situarse entre 20 e 30 bens, chegando no ano 2000 a acadar un récord de subscricións, 61 exactamente, e no oposto encontramos os 7 do ano 1989. Pódese acceder á información completa de gran interese sobre estas listaxes, a través da páxina web de UNESCO.

Atendendo ao caso de España, conta cun total de 46 bens inscritos na Listaxe, sendo 40 deles Patrimonio Cultural, 4 de Patrimonio Natural e 2 Mixtos. Con estas cifras, sitúase na terceira posición dos Estados Partes con máis Patrimonio Mundial declarado, só por debaixo de Italia e China.

Deixando aparte o patrimonio mixto, obsérvase que o 80% do Patrimonio Mundial declarado correspóndese con bens culturais, mentres que o natural só se ve representado por apenas un 20%.


Icono Particularidades / Características do Programa Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

Particularidades / Características do Programa

A primeira das grandes particularidades do Programa é a identificación do Valor Universal Excepcional (VUE), o cal queda definido no documento oficial Directrices Prácticas para a aplicación da Convención do Patrimonio Mundial, xaneiro de 2008, como unha importancia cultural e/ou natural tan extraordinaria que transcende as fronteiras nacionais e cobra importancia para as xeracións presentes e vindeiras, a nivel Mundial. Polo tanto, esta debe ser a primeira das premisas a ter en conta á hora de considerar calquera ben para ser incluído no Programa Patrimonio da UNESCO.

Non debe esquecerse que o Valor Universal Excepcional (VUE):

  • É o elemento principal e fundamento da proposta de inscrición.
  • É o obxecto de avaliación.
  • É o que debe preservarse con medidas de protección, conservación e xestión.

Se ben é certo que se trata dunha condición non só necesaria, senón imprescindible, a candidatura debe reunir tamén as condicións de integridade e/ou autenticidade e contar cun sistema de protección e xestión adecuado que garanta a súa conservación. Estas condicións quedan entendidas baixo as seguintes características:

Integridade
  • Para bens culturais e naturais.
  • É a medida en que tan completos ou tan intactos están os atributos que transmiten o Valor Universal Excepcional.
  • Palabras clave: completo, intacto e ausencia de ameazas.
Autenticidade
  • Unicamente para bens culturais e mixtos.
  • Vínculo existente entre os atributos e o posible Valor Universal Excepcional.
  • Segundo Directrices Prácticas, un ben cumpre condicións de autenticidade se o seu valor cultural exprésase de forma fidedigna e crible a través dos seus atributos.

O programa recoñece dúas vertentes diferenciadas ao respecto das posibilidades de declaración dun ben. Así, podemos encontrarnos a posibilidade de ben baixo o marco de Patrimonio Cultural, e ben baixo o marco de Patrimonio Natural.

Para o entendemento das singularidades de cada unha destas dúas vertentes é preciso acudir ás definicións formuladas pola propia Convención, sendo tamén importante dirixirse ao documento das Directrices Prácticas, xa que é o documento “vivo” da Convención onde se recollen actualizacións e as últimas interpretacións que abarcan a diversidade do patrimonio.

As Illas Cíes concorren á declaración de Patrimonio Natural que a Convención de Patrimonio Mundial define como:

Monumentos

Formacións físicas e biolóxicas ou por grupos de esas formacións que teñan un Valor Universal Excepcional desde o punto de vista estético ou científico.


Conxuntos

Formacións xeolóxicas e fisiográficas e as zonas estritamente delimitadas que constitúan o hábitat de especies, animais e vexetais, ameazadas, que teñan un Valor Universal Excepcional desde o punto de vista estético ou científico.


Lugares

Zonas naturais estritamente delimitadas, que teñan un valor universal excepcional desde o punto de vista da ciencia, da conservación ou da beleza natural.


Icono criterios Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

Criterios

Antes da elaboración dunha candidatura para presentar un ben á listaxe de Patrimonio Mundial, débese asegurar que dito ben cumpre cos denominados criterios para a avaliación do VUE que se indican nas Directrices Prácticas redactadas por UNESCO.

No caso dos BENS NATURAIS, o ben debe cumprir, polo menos, un dos criterios seguintes:

  • VII - Representar fenómenos naturais ou constituír áreas dunha beleza natural e importancia estética excepcionais.
  • VIII - Ser exemplos sobresaíntes e representativos dos diferentes períodos da Terra, incluíndo o rexistro da evolución, dos procesos xeolóxicos significativos en curso, do desenvolvemento das formas terrestres, ou de elementos xeomorfolóxicos ou fisiográficos significativos.
  • IX - Ser exemplos eminentemente representativos de procesos ecolóxicos e biolóxicos en curso da evolución e do desenvolvemento dos ecosistemas e das comunidades de vexetais e animais terrestres, acuáticos, costeiros e mariños.
  • X - Conter os hábitats naturais máis importantes e máis representativos para a conservación in situ da diversidade biolóxica, incluíndo aqueles que alberguen especies ameazadas que posúan un valor universal excepcional desde o punto de vista da ciencia ou da conservación.

Icono proceso inscripción Candidatura Islas Cíes Patrimonio de la Humanidad

O proceso de inscrición de candidaturas

En caso de que o ben sexa aprobado para a súa inscrición na Listaxe Indicativa do Estado, os pasos a seguir serían os seguintes:

INSCRICIÓN DE BENS NA LISTAXE INDICATIVA DUN ESTADO PARTE

O Estado Parte decide que bens inscribir na súa listaxe indicativa.

PROPOSTA INSCRICIÓN NA LISTAXE PATRIMONIO MUNDIAL

O Estado Parte decide cales dos bens da súa listaxe proporá inscribir na Listaxe do Patrimonio Mundial e cando.

O Comité de Patrimonio Mundial decide se inscribe na Listaxe un ben, tras a súa avaliación polos órganos con competencias nesta materia: UICN e/ou o ICOMOS.

XESTIÓN E SUPERVISIÓN DOS BENS INSCRITOS PARA PROTEXER O SEU VUE

O Estado Parte encárgase da protección constante e a xestión efectiva do ben con respecto ás disposicións da convención do Patrimonio Mundial.


Icono inscripción Candidatura Islas Cíes Patrimonio de la Humanidad

Consideracións a ter en conta no proceso de inscrición de candidaturas

Son diversas as consideracións a ter en conta para apoiar o proceso de inscrición dunha candidatura dun ben na Listaxe Indicativa da Convención UNESCO.

Unha consideración determinante é o carácter participativo do proceso. Esta participación e estes apoios á candidatura son indicados como imprescindibles polas Directrices de aplicación da Convención Patrimonio Mundial.

Así é que este carácter participativo debe determinar o proceso desde os seus comezos, acompañándoo aínda máis aló do alcance da inclusión na Listaxe de Patrimonio.

Isto é, tendo en conta tamén a todos os axentes e actores implicados de maneira directa ou indirecta na xestión, uso e conservación do ben, incluso tras a resolución frutuosa como Patrimonio Mundial UNESCO. Así se recolle no apartado I.C, no seu artigo 12: Invítase aos Estados Partes da Convención a asegurar a participación da maior cantidade de actores, entre eles administradores de sitios, gobernos locais e rexionais, comunidades locais, organizacións non gobernamentais (ONG) e outros socios e interlocutores interesados na identificación, a proposta de inscrición e a protección dos bens do Patrimonio Mundial..

A continuación cítanse algúns dos apartados do documento de Directrices, onde se fai referencia a necesidade deste forte carácter participativo, ao longo de todo o proceso.

I.I SOCIOS NA PROTECCIÓN DO PATRIMONIO MUNDIAL

Artículo 39. A presentación de candidaturas de sitios, así como a súa xestión e supervisión, cando se fundan na colaboración de distintos actores, constitúe unha contribución significativa para a protección dos bens do Patrimonio Mundial e a aplicación da Convención.

Artículo 40. Os socios na conservación do Patrimonio Mundial poden ser tanto particulares como os interesados directos, especialmente as comunidades locais e as organizacións gobernamentais, non gobernamentais e privados, así como os propietarios que se interesen e desexen participar na xestión dun ben do Patrimonio Mundial.

II.F PROTECCIÓN E XESTIÓN

Artículo 108. Cada ben proposto deberá contar cun plan de xestión adecuado ou con outro sistema de xestión documentado que especifique como se conservará o valor universal excepcional do ben, preferentemente por medios participativos.

Artículo 111. Sen deixar de recoñecer a diversidade mencionada precedentemente, un plan de xestión eficaz podería incluír algúns dos seguintes elementos comúns. 31 Directrices Prácticas para a aplicación da Convención do Patrimonio Mundial:

  • Unha comprensión profunda do ben compartida por todos os actores interesados do ben por parte de todos os interesados.
  • Un ciclo de planificación, execución, supervisión, avaliación e reacción.
  • A participación de colaboradores e interesados directos; d) a adxudicación dos recursos necesarios.
  • Fortalecemento de capacidades ou capacitación.
  • Unha descrición responsable e transparente do funcionamento do sistema de xestión.



Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar