Comité Científico

Comité Científico

O Comité Científico, dirixido polo Catedrático en Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, Emilio Fernández, componse por especialistas en diferentes áreas de coñecemento/disciplinas científicas, ligadas a aspectos naturais e ambientais das Illas Cíes, desde as súas diversas dimensións.

A misión principal deste grupo de traballo é a análise rigorosa da información existente acerca das Illas Cíes, sobre a que traballar a argumentación científica do cumprimento dos criterios UNESCO.


Emilio Fernández Suárez - Coordinador

Catedrático de Ecoloxía na Universidade de Vigo, doutor en Bioloxía.

As súas principais liñas de investigación céntranse no ámbito da oceanografía biolóxica e a ecoloxía mariña. Os resultados desta investigación recóllense en máis de 110 traballos publicados en revistas internacionais de prestixio e noutras tantas comunicacións en congresos. Foi Director do Campus de Excelencia Internacional “Campus do Mar” e Xestor do Programa de Ciencia e Tecnoloxía Mariña do Plan Estatal de Ciencia e Tecnoloxía.

Emilio Fernández Suárez Coordinador Comité Científico

Membros do Comité Científico

Irene Alejo Flores

Profesora titular de Estratigrafía da Universidade de Vigo, Doutora en Ciencias Xeolóxicas. Directora do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo.

A súa actividade investigadora céntrase en procesos e xeomorfoloxía de sistemas costeiros.

Irene Alejo Flores

Gonzalo Méndez

Profesor titular da Universidade de Vigo, Doutor en Xeografía e Técnico Urbanista. Desde 2011, dirixe a Cátedra UNESCO de Desenvolvemento Litoral Sostible, Campus do Mar.

A súa actividade investigadora céntrase na Xestión Integrada das Zonas Costeiras, a cartografía e a xeoloxía mariña e costeira.

Gonzalo Méndez

Rodolfo Barreiro Lozano

Catedrático de Ecoloxía da Universidade de A Coruña. Doutor en Ciencias Biolóxicas.

As súas liñas de investigación céntranse no estudo da estrutura de poboacións, plantas endémicas, especias invasoras, filoxeografía e conectividade.

Rodolfo Barreiro Lozano

María Calviño Cancela

Profesora contratada na área de Ecoloxía da Universidade de Vigo, Doutora en Ciencias Biolóxicas.

A súa investigación céntrase principalmente na conservación de especies e ecosistemas, as interaccións entre plantas e animais, o impacto de especies introducidas e a súa integración nas comunidades nativas.

María Calviño Cancela

Adolfo Cordero Rivera

Profesor de Ecoloxía da Universidade de Vigo, Doutor en Ciencias Biolóxicas e Director do laboratorio de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación.

As súas principais liñas de investigación céntranse na ecoloxía da conservación, selección sexual, a evolución do poliformismo da cor das femias, o control biolóxico de pragas.

Adolfo Cordero Rivera

Luis Navarro Etxeberria

Profesor de Botánica na Universidade de Vigo, Doutor en Ciencias Biolóxicas e especialista en Bioloxía da Conservación.

Vocal da Asociación Española de Ecoloxía Terrestre e no Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Membro fundador da Asociación Galega de Comunicación da Cultura Científica e Tecnolóxica.

Luis Navarro Etxeberria

Ángel F. González

Investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas no Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC-IIM).

Doutor en Ciencias Biolóxicas, especialista en Ecoloxía Mariña e experto en cefalópodos.

Ángel F. González

Miquel Planas Oliver

Científico Titular do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e Xefe do Grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peixes.

Doutor en Ciencias Biolóxicas. Especialista en ecoloxía e bioloxía de peixes signátidos.

Miquel Planas Oliver

José M. Sánchez Fernández

Profesor de Botánica da Universidade de Vigo, Doutor en Ciencias Biolóxicas.

As súas principais liñas de investigación son a flora e a vexetación do litoral, bioloxía da reprodución e evolución de plantas. Longo percorrido en proxectos de divulgación científica.

José M. Sánchez Fernández

Alberto Velando Rodríguez

Profesor contratado Doutor en Bioloxía. A súa actividade investigadora céntrase en ecoloxía evolutiva, ecoloxía mariña e bioloxía da conservación.

É membro do comité científico da Sociedade Española de Ornitoloxía e Secretario da Sociedade Española de Etoloxía e Ecoloxía Evolutiva.

Alberto Velando Rodríguez

Juan Francisco Saborido Rey

Doutor en Ciencias Biolóxicas, Director do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC).

Membro fundador da Rede Iberoamericana de investigación pesqueira para o uso sostible dos recursos pesqueiros (INVIPESCA) e do grupo de traballo de pesca profesional de artes menores da Federación de confrarías de Galicia.

Juan Francisco Saborido Rey

Sebastián Villasante Larramendi

Profesor contratado da Universidade de Santiago de Compostela, Doutor en Economía Aplicada.

As súas liñas de investigación céntranse na resiliencia dos servizos ambientais e a xestión sostible dos océanos.

Sebastián Villasante Larramendi

Francisco Ramil Blanco

Profesor da Universidade de Vigo, Doutor en Ciencias Biolóxicas.

As súas liñas de investigación céntranse no estudo da fauna mariña de Galicia, do bentos antártico e da fauna bentónica de augas profundas. Referencia mundial en taxonomía de hidrozoos.

Francisco Ramil Blanco

Jesús Souza Troncoso

Catedrático de Zooloxía da Universidade de Vigo, Doutor en Ciencias Biolóxicas.

Actualmente Director do Centro Singular de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. Presidente da Sociedade Española de Malacoloxía (SEM).

Jesús Souza Troncoso

Mª Victoria Besada Montenegro

Directora do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Representante de España en diversos Grupos de traballo e Comités Internacionais (ICES, OSPAR ou a Comisión Europea).

A súa actividade investigadora céntrase na avaliación e caracterización de contaminantes químicos.

Mª Victoria Besada Montenegro

Juan Bellas Bereijo

Investigador Xefe do Programa de Contaminación Mariña do IEO e Coordinador das actividades científicas para a instalación da Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña (DMEM) en España.

É asesor do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e membro da Cátedra UNESCO en Desenvolvemento Litoral Sostible do Campus do Mar.

Juan Bellas Bereijo

Ricardo Prego Reboredo

Profesor de investigación no Instituto de Investigación Mariñas de Vigo do Consello Superior de Investigacións Científicas (IIM-CSIC). Doutor en Química.

As súas liñas de investigación céntranse en intercambios bioxeoquímicos en zonas costeiras.

Ricardo Prego Reboredo

Comité Económico-Social

O Comité Económico-Social, dirixido pola Catedrática en Economía Aplicada da Universidade de Vigo...

Comité Técnico

O Comité Técnico, dirixido pola Licenciada en Dereiro, Yolanda Aguiar, constitúese como o brazo operativo...

Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar