Voces históricas

Voces históricas

A historia das Illas dos Deuses.

Nomeadas polos romanos como Illas dos Deuses, foron o fogar do home ao longo dos diferentes períodos da historia. Así, encóntranse evidencias durante as eras do Paleolítico e Neolítico, aínda que non é ata a Idade de Bronce cando se chega a constituír un verdadeiro asentamento nas Illas Cíes. De esta época data, en concreto, o asentamento coñecido como As Hortas, situado na ladeira do Monte Faro e que foi ocupado tamén durante a época dos romanos. Os achados encontrados entre os restos destes asentamentos son unha testemuña de que os seus habitantes explotaban os recursos destas augas, e de que, probablemente, tiñan relacións comerciais coa xente da costa. Entre outras, estas son as actividades, estruturas e elementos que se evidencian:

  • Depósitos de cunchas.
  • Traballos de salgadura.
  • Asentamentos fortifcados.
  • Asentamentos costeiros.
  • Defensas costeiras e miradoiros.
  • Pegadas da paisaxe agraria.

Durante a Idade Media instaláronse nas Illas Cíes dous conventos-eremitorios: San Martiño na Illa Sur e San Estevo na Illa do Medio e nos séculos seguintes viñéronse sucedendo episodios de incremento de asentamentos de poboacións.

Non obstante, a partir do século XVI e como consecuencia fundamental dos continuos ataques dos piratas turcos, tunisianos e ingleses, as illas volven a sufrir un proceso de despoboación. Entre os séculos XVI e XVIII a presenza de piratas, corsarios e armadas inimigas, ingleses e berberiscos do norte de África foi constante nas mesmas. En concreto, o 6 de outubro de 1585, a frota inglesa a mando de Drake, fondea en Cíes, pero o estado da mar frustra o seu ataque a Baiona. O 29 de fuño de 1589, despois de fracasar no seu intento de tomar Lisboa, Drake, ataca Vigo, unha vez máis desde Cíes, saqueándoa por completo.

Debido a estes ataques, no século XIX leváronse a cabo varios plans de fortifcación, a través da construción dun almacén de artillería, un cuartel de Carabineiros ou unha cárcere nos arredores da praia Nosa Señora, o que propiciou unha maior confianza e fomentou a repoboación e restablecemento de novas actividades. Circunstancias como a relación de paz entre España e Gran Bretaña, a desaparición da piratería e a desmilitarización das illas, favorecen a súa vez a repoboación das illas.

Coincidindo con esta nova era, no ano 1840, a raíña Mª Cristina promulga a Real Orde do 20 de xullo pola que se declara que as Illas Cíes quedan comprendidas en términos do Concello de Vigo, acoutando así a súa xurisdición territorial.

Nese mesmo ano, 1840, instaláronse dúas fábricas de salgadura e unha década despois, en 1852, constrúese o Faro de Cíes e unha taberna nas proximidades do Lago.

Xa é a partir do século XX cando acontece o máis forte proceso de despoboación que levou á situación actual de non asentamentos nas illas. Proceso de despoboación que vén acompañado do despertar dun crecente interese turístico, sobre todo por parte das clases máis acomodadas, que se fai máis significativo a partir dos anos 50, facéndose necesaria a protección dos seus valores naturais e ambientais, que culmina coa súa declaración en 1980 como Parque Natural.


Voces célebres.

Albert Einstein en Vigo

Albert Einstein

Albert Einstein fixo escala en Vigo en dúas ocasións, nos meses de marzo e maio do ano 1925, cando se encontraba participando nunha xira científca que o levaba a terras de Sudamérica. Diversas notas manuscritas testemuñaron o seu paso polas Illas Cíes, a través das cales o científco plasmou os seus cumprimentos á ría viguesa. Riqueza de cores e posta de sol en Vigo, incomparable, así foi como Einstein describiu ás Illas Cíes, cando puido contemplalas desde un transatlántico amarrado no porto de Vigo.

Xulio Verne

En xuño de 1878, o veleiro Saint Michel III fai escala na Ría de Vigo buscando refuxio dun temporal que azoutaba as costas galegas. A bordo do mesmo ía o célebre autor de 20.000 linguas de viaxe submarino, Xulio Verne, quen deixou por escrito nunha carta dirixida o seu amigo o editor Pierre-Jules Hetzel, as marabillas paisaxísticas das Illas Cíes.

Hoxe en día, Verne conta cun miradoiro ao seu nome na illa de Monteagudo.

Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar