Valor Universal Excepcional das Illas Cíes.
Como indica a propia Convención UNESCO, as propostas de inscrición na Listaxe do Patrimonio Mundial deben estar fundamentalmente relacionadas co posible Valor Universal Excepcional (VUE) do ben en cuestión.
UNESCO define o Valor Universal Excepcional como: unha importancia cultural e/ou natural tan extraordinaria que transcende as fronteiras nacionais e cobra importancia para as xeracións presentes e vindeiras, a nivel Mundial.
Para o caso das Illas Cíes, o VUE que xustifica a idoneidade da súa candidatura como Patrimonio Mundial Natural, ponse de manifesto a través das seguintes consideracións:
Fundamentada principalmente polo contrastado relevo que presentan as súas dúas vertentes, realzando a beleza natural dos areais bañados polas augas transparentes e turquesas da vertente dianteira, e os escarpados rochedos e acantilados da vertente traseira, que emerxen con potencia en medio do océano e que dotan de gran singularidade e forza á paisaxe do arquipélago.
Manteñen intactos importantes trazos xeomorfolóxicos que outorgan ás illas un valor representativo do patrimonio xeolóxico da rexión Eurosiberiana. Ditos atributos están ligados a unhas condicións de evolución xeomorfolóxica moi singulares, que lle confire calidades moi heteroxéneas que se recollen nun territorio xeográfico realmente concentrado.
Sustento de importantes fenómenos oceanográficos e procesos ecolóxicos que confiren ás illas de características e condicións distintivas para o desenvolvemento da vida e ciclos biolóxicos de especies de alto interese.
Dan refuxio e sustento a unha gran diversidade de organismos, como especies endémicas e importantes colonias de aves ameazadas a nivel mundial ou concentracións excepcionais.
En base aos estudos e análises científicos que se desenvolveron nas Illas Cíes, a candidatura arguméntase baixo o cumprimento dos catro criterios naturais que a Convención UNESCO determina. Se ben non é necesario argumentar o cumprimento dos catro, considerouse suficiente o potencial das Illas Cíes para soster a xustificación de todos e cada un deles.
Ao mesmo tempo que para a defnición do VUE, en estes momentos, tanto o Comité Científico como o Comité Económico-Social e Técnico da Candidatura, están traballando desenvolvendo análises científicos e técnicos que conclúan en xustificacións sufcientes para apuntalar o cumprimento de estes catro criterios cos que pretende concorrer a candidatura do Concello de Vigo.