Patrimonio cultural

Inicio | Illas Cies | Historia E Patrimonio | Patrimonio Cultural
Patrimonio Cultural

A pesar de que non constitúen un territorio xeográfco de gran extensión, o conxunto destas illas constitúese como un territorio de gran valor ligado a súa riqueza patrimonial e ao seu legado cultural. Así é que, estes espazos, ademais de polo xa coñecido valor natural e ecolóxico, poden resultar de enorme interese polo valor de diversas mostras arqueolóxicas, arquitectónicas e características sociolóxicas que nestas illas coexisten.

A continuación, identifícanse as principais características do patrimonio cultural das Illas de Cíes:

Patrimonio arqueolóxico:

  • Mosteiro ou Convento de San Esteban (illa do Faro) e Eremitorio e Templete na illa Sur de Cíes.
  • Prezos varios atopados que a súa vez revelan e descobren historias bélicas (submarinos alemáns da segunda guerra mundial abatidos por fragatas aliadas) historias de galeóns e navíos (Santo Cristo de Maracaibo, galeón español cheo de riquezas afundido na batalla de Rande), historias naufraxios, áncoras, xoias e cerámicas, etc.

Patrimonio arquitectónico

  • Ruínas de casas, hórreos e dunha cetaria no lago.
  • Ferrerías ou forxas.
  • Muíños: un na illa Sur e outro de vento, ao sur do lago, que foi utilizado durante o século XX.
  • Fábricas de salgadura, tabernas e viveiros.
  • Elementos relixiosos: capelas, cemiterio, convento de San Estevo.
  • Faro: faro de Cíes construído no 1852 e faros do Peito, da Porta e Bicos, que se construíron no século XX.
Faro nas Illas Cíes

Patrimonio Histórico

Unha das grandes anécdotas principais ligadas á historia patrimonial das Illas, é que os romanos falaban delas...

Patrimonio Submarino

As Illas Cíes caracterízanse tamén por un rico patrimonio somerxido, baixo o cal se poden atopar pecios...

Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad