Flora

Flora e fauna terrestre

É posible diferenciar tres tipos de ecosistemas moi marcados:

1 Rochedos e acantilados

Esta vexetación vese alterada pola gran concentración de aves nas illas. Este feito fai que albergue unhas especies diferentes ás que existen no continente, xa que as condicións que deben soportar son significativamente distintas: constantes pisadas de gaivotas, excrementos, etc. Estas condicións convérteno nun ecosistema peculiar e de características moi singulares.

2 Praias e dunas

Este tipo de ecosistema é de gran relevancia no arquipélago, debido a que nas Illas Cíes aínda se conservan sistemas dunares moi desenvolvidos, contando con dunas embrionarias a fixas ou remontantes, o que propicia o desenvolvemento de especies vexetais que non adoitan ser comúns noutros lugares.

Estes ecosistemas acollen especies de flora vascular ameazada ou con alto interese de conservación. Sendo algunhas a única poboación da rexión, como é o caso de Armeria Pungens. Nas Cíes atópase a súa única poboación galega e seguramente do norte de España. En Europa só existen poboacións illadas, polo que a súa protección é vital.

Tamén a Camarina é unha importante planta dunar que se atopa en forte regresión no norte de España. Ademais, estes hábitats son zonas de alimentación de réptiles e zonas de refuxio e cría de aves como a píllara papuda (Charadrius alexandrinus).

3 Matogueiras

Constitúen a maior parte da superficie terrestre das illas, contando con comunidades de plantas leñosas autóctonas.

A pesar de que as condicións ambientais do arquipélago favorecen o desenvolvemento de vexetación de matogueira, tamén se localizan plantacións forestais dominados por especies alóctonas, formado principalmente por eucaliptos, acacias e piñeiros. Existen, ademais, pequenos núcleos de rodales de arboredo autóctono de carballo cerqueiro (Quercus pyrenaica), érbedos (Arbutus unedo) ou bidueiros (Betula celtiberica), considerados hábitat de interese comunitario.


Nas Illas Cíes, as aves atoparon unhas condicións idóneas para establecerse...

Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar