O Concello de Vigo, en calidade de entidade impulsora da Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade, definiu un equipo de traballo, sólido e multidisciplinar, que está dirixido por un Comité de Coordinación que depende directamente da Alcaldía.
Este Equipo de Coordinación do Proxecto de Candidatura liderará o proceso, asegurando o cumprimento da Folla de Ruta establecida para os próximos anos no camiño ata UNESCO, e coordinando os traballos directamente executados por cada un dos Comités no que se compón. A estrutura orgánica é a seguinte:
Aporta a dimensión técnico-científica á candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. Composto por especialistas en diversas disciplinas científicas:
Coordinador: Emilio Fernández Suárez.
Composto por especialistas en diversas disciplinas do ámbito económico, que terá como misión a análise do ben desde o punto de vista do seu impacto económico e social e estudar as repercusións económico-sociais que suporía acadar con éxito a inscrición das Illas Cíes na listaxe de Patrimonio Mundial UNESCO.
Coordinadora: Dolores Garza Gil.
O Comité Técnico constitúese como o brazo operativo do equipo de traballo, interactuando con outros Comités e coordinando todas as tarefas técnicas do proxecto, o corpo de voluntarios e as colaboracións de expertos externos.
En definitiva, o equipo de traballo conformado asegura:
Coordinadora: Yolanda Aguiar Castro.