Unha das grandes anécdotas principais ligadas á historia patrimonial das Illas, é que os romanos falaban delas como as Illas dos Deuses ou Afortunadas, facendo referencia xa naquela época á beleza natural única das que son posuidoras.
A pesar de que non constitúen un territorio xeográfco de gran extensión, o conxunto destas illas constitúese como un territorio de gran valor ligado a súa riqueza patrimonial e ao seu legado cultural.
As Illas Cíes caracterízanse tamén por un rico patrimonio somerxido, baixo o cal se poden atopar pecios, numerosas áncoras líticas e outros restos arqueolóxicos.