Recoñecementos e premios

Inicio | Candidatura Unesco | Reconecementos E Premios
Recoñecementos e premios

Ao respecto da singularidade ambiental e das características naturais destas illas, sinalar que as Illas Cíes recibiron estes últimos anos numerosos galardóns e declaracións, diferenciándoas a nivel nacional e internacional, e apoiando a certeza do seu gran valor.

Estes son algúns dos principais recoñecementos ao valor natural, ecolóxico e á riqueza da calidade ambiental das Illas Cíes:


Selo Observer

Conseguido en abril do 2017, forman parte do conxunto das primeiras illas que reciben este recoñecemento internacional. O Parque Nacional Illas Atlánticas convértese así no primeiro Parque Nacional declarado científico en España.

Este selo (primeiro sistema de calidade para actividades de turismo científico) une Ciencia, Divulgación Científica e Turismo, establecendo un marco de xestión para implantar un modelo de Turismo Científico. Avala o atractivo das Illas Cíes como destino científico.

Quality Coast

Galardón Top 100 Quality Coast.

Trátase do maior programa internacional de certifcación de destinos turísticos sostibles, do que Cíes, no contexto do Parque Nacional Illas Atlánticas, forma parte desde 2016.

É un premio internacional que distingue a calidade ambiental costeira para un turismo sostible, a través dunha estratexia de información dirixida aos visitantes, así como establecer unha rede mundial de comunidades costeiras que compartan os mesmos valores e prácticas de desenvolvemento sostible.

Adhesión Carta Europea de Turismo Sostible

As Illas Cíes forman parto do enclave natural que, no ano 2015, acadan a adhesión á Carta Europea de Turismo Sostible (iniciativa da Federación Europarc).

Recoñece o seu sólido compromiso coa promoción do desenvolvemento do turismo sostible no marco deste espazo protexido.

Declaración Destino Turístico Starlight

Son lugares visitables que gozan de excelentes calidades para a contemplación dos ceos estrelados e que, ao estar protexido da contaminación lumínica, son especialmente aptos para desenvolver neles actividades turísticas baseadas nese recurso natural.

O feito de estar afastados de asentamentos humanos lles confire esta calidade vantaxosa para a observación de ceos estrelados.

Praia de Rodas e Figueiras Bandeira Azul

A praia de Rodas e Figueiras, nas Illas Cíes foi distinguida unha vez máis no ano 2017, coa bandeira azul.

Trátase dun sistema de certifcación de calidade ambiental desenvolvido pola FEE, que promove e premia a participación en iniciativas ambientais voluntarias das autoridades municipais, a poboación local, os visitantes e os axentes do sector. A Bandeira Azul é concedida por un xurado Internacional, entre outros, das Axencias de N.N.U.U. para o Mediambiente e o Turismo.

Sendeiro Azul – Senda entre Faros, Illas Cíes - Vigo

Para os municipios galardoados é un recoñecemento ao seu traballo na mellora e restauración na conservación do seu patrimonio natural e etnolóxico litoral.

A Senda Azul é unha iniciativa da Asociación De Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) nos municipios con Bandeira Azul que contribúe ao uso sostible do litoral mediante xestión, conservación e divulgación do patrimonio natural e etnográfico de maneira compatible con desenvolvemento, desfrute, saúde e benestar da cidadanía.

As Illas Cíes contan con recoñecemento internacional de Senda Azul Entre Faros, sendo un dos 71 sendeiros que contan con esta distinción a nivel nacional.


Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar