Comité Económico-Social

Inicio | Candidatura Unesco | Comite De Candidatura | Comite Economico Social
Comité Económico-Social

O Comité Económico-Social, dirixido pola Catedrática en Economía Aplicada da Universidade, María Dolores Garza, componse por especialistas en diversas disciplinas do ámbito económico e social da Universidade de Vigo.

A misión principal deste grupo de traballo é a análise do ben desde o punto de vista do seu impacto económico e social e estudar as repercusións económico-sociais que suporía acadar con éxito a inscrición das Illas Cíes na listaxe de Patrimonio Mundial UNESCO.


María Dolores Garza Gil - Coordinadora

Catedrática de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e Directora do Grupo de Investigación en Economía dos Recursos Naturia e Ambientais nesta Universidade.

A súa principal liña de investigación está relacionada cós recursos naturais e o medio ambiente.

María Dolores Garza Gil Coordinadora Comité Económico-Social

Membros do Comité Económico-Social

Fernando González Laxe

Catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña, foi Director do Instituto de Estudios Marítimos.

A súa principal liña de investigación e traballo está relacionada coa economía da pesca e da xestión de pesqueiras.

Fernando González Laxe

Elena Espinosa

Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, é MBA en Dirección de Empresas polo Instituto de Estudos Superiores da Empresa, IESE.

Ex-ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación e ex-ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. Actualmente exerce funcións como Adxunta á Presidencia do Grupo Rodman.

Elena Espinosa

Xavier Labandeira Villot

Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e Director do Centro de Investigación Economics for Energy.

Foi Director da Florence School of Regulation Climate do Instituto Universitario Europeo de Florencia (2014-2017) e Autor do Quinto Informe de Avaliación (2014) do Panel Intergobernamental para o Cambio Climático.

Xavier Labandeira Villot

María Loureiro García

Profesora Titular de Fundamentos da Análise Económica na Universidade de Santiago de Compostela.

A súa principal liña de investigación está relacionada cos métodos de valoración económica de bens ambientais.

María Loureiro García

Elena Ojea Fernández-Colmeiro

Investigadora na Universidade de Vigo. Doutora en Economía Ambiental, foi membro do centro de investigación BC3 do País Vasco sobre cambio climático.

A súa principal liña de investigación está relacionada coa valoración e xestión de ecosistemas baixo cambio climático.

Elena Ojea Fernández-Colmeiro

María Xosé Vázquez Rodríguez

Profesora titular de Economía Aplicada na Universidade de Vigo.

A súa principal liña de investigación e traballo está relacionada especialmente coa valoración económica de espazos naturais.

María Xosé Vázquez Rodríguez

Juan C. Surís Regueiro

Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, foi Presidente da Autoridade Portuaria de Marín entre os anos 2005 e 2009.

A súa principal liña de traballo está relacionada coa economía dos recursos mariños, especialmente no ámbito dos impactos económicos.

Juan C. Surís Regueiro

Manuel M. Varela Lafuente

Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, foi Coordinador do Programa Internacional de Doutorado en Ciencia, Tecnoloxía e Xestión do Mar do Campus de Excelencia Internacional do Campus do Mar.

A súa liña de traballo está relacionada coa economía dos recursos mariños, especialmente no ámbito da xestión de pesqueiras.

Manuel M. Varela Lafuente

Mario Soliño Milán

Doutor en Economía Aplicada pola Universidade de Vigo. Desde 2009 ligado ao Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria (INIA) e na actualidade exerce como Científico Titular no Centro de Investigación Forestal (CIFOR).

En 2012 ingresou como investigador permanente no Instituto de Investigación en Manexo Forestal Sostible (iuFOR – Universidade de Valladolid e INIA).

As súas áreas de investigación encóntranse dentro do campo da economía ambiental (con especial mención á silvicultura).

Mario Soliño Milán

Albino Rodríguez Ferreira

Licenciado en Economía e Empresariales pola Universidade de Vigo e de Santiago. Especialista en contabilidade e financiación.

Director Xerente Accidental da Fundación Provigo e a súa Área. Presidente do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Vigo.

Albino Rodríguez Ferreira

Comité Científico

O Comité Científico, dirixido polo Catedrático en Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo...

Comité Técnico

O Comité Técnico, dirixido pola Licenciada en Dereiro, Yolanda Aguiar, constitúese como o brazo operativo...

Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar