Difusión

Inicio | Actividades | Difusion
Difusión

Actividades dirixidas de maneira aberta e inclusiva á sociedade en xeral, a través das que se divulgan as claves do proxecto de Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. Inclúense accións culturais, deportivas, sociais, campañas de recollida de firmas e merchandising, entre outras.

Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

CiesTalent - Certame Arte Urbano 2022


Inicio: 9 de Setembro 2022


Tema: CiesTalent - Certame Arte Urbano 2022


O Concello de Vigo, coordinador do Proxecto de Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade, convoca o II Concurso CíesTalent – Certame de Arte Urbana de Vigo. O certame inclúe o desenvolvemento de 5 obras nas fachadas, murais, espazos públicous ou concertados con terceiros da cidade, xunto co desenvolvemento en paralelo dun encontro de grafiteros nacionais e internacionais, “CiesTalent Meeting”, que serán convidados o certame para desenvolver muros libres. Así mesmo, nos mesmos espazos, celebrarase unha batalla de breaking dance “España vs Portugal” e unha Batalla de Rap. Dotación de 600€ para desenvolvemento das obras Envío de esbozos ata o 30 de setembro 2022 Envío de propostas e dúbidas: uneteaciespatrimonio@vigo.org



Galería de imaxes:

Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

III Desafío Audiovisual y Fotográfico Illas Cíes


Inicio: 21 de Xullo 2022


Tema:


Ponse en marcha o III Desafío Audiovisual Illas Cíes aberto ás categorías de fotografía e vídeo. Fináncianse proxectos fotográficos e curtos que poñan en valor o arquipélago como fonte de inspiración para a cultura. Os proxectos seleccionados, 5 de cada categoría, gozarán dunha residencia artística nas Illas Cíes de 3 días nos cales terán que desenvolver os proxectos. Cada proxecto disporá un orzamento para o desenvolvemento das obras e os gatos das residencias serán sufragados polo Concello de Vigo. PDF_1_ Bases concurso audiovisual: https://ciespatrimonio.vigo.org/media/actividades/documentos/2022_Bases_Convocatoria_DESAFIO_AUDIOVISUAL_CAS_Anexo_s00zx0gr.pdf PDF_2_Bases concurso fotográfico: https://ciespatrimonio.vigo.org/media/actividades/documentos/2022_Bases_Convocatoria_DESAFIO_FOTOGRAFIA_2021_CAS_con%20Anexo_qolp38ha.pdf



Galería de imaxes:

Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

II Desafío Audiovisual e Fotográfico Illas Cíes


Inicio: 6 de Agosto 2021


Tema: Certame Fotográfico e Audiovisual


Lánzase o "II Desafío Audiovisual Illas Cíes", aberto ás categorías de fotografía e vídeo. Fináncianse proxectos fotográficos e curtos que resaltan o arquipélago como fonte de inspiración para a cultura. Os proxectos seleccionados, 5 de cada categoría, gozarán dunha residencia artística nas Illas Cíes durante 4 días nos que deberán desenvolver os proxectos. Cada proxecto contará cun orzamento para o desenvolvemento das obras e as taxas das residencias serán sufragadas polo Concello de Vigo. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 3 de setembro, enviando a documentación indicada nas bases ao correo electrónico: ciespatrimonio@vigo.org . Descargas : 1.Solicitude de participación: https://bit.ly/3AoKLpX ................................................................................................................................................................................. 2 a. Bases Fotografía (Gal): https://bit.ly/2VF5QO5 ................................................................................................................................................................................. 2 b. Bases Fotografía (Cas): https://bit.ly/3zvPLsJ ................................................................................................................................................................................. 3 a. Bases Vídeo (Gal): https://bit.ly/2X84E6q ................................................................................................................................................................................. 3 b. Bases Vídeo (Cas): https://bit.ly/3yK9hkM ...................................................



Galería de imaxes:

Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

Cíestalent: certame arte urbano -comic y grafiti-


Inicio: 6 de Agosto 2021


Tema: Certame Arte Urbano CIES TALENT


CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE ARTE URBANO (CÓMIC E GRAFFITI) LAS ISLAS CÍES A primeira edición deste programa está aberta ás disciplinas de banda deseñada e graffiti, rexidas cada unha por criterios específicos de participación que se poden consultar nas Bases da convocatoria. Financiaranse 7 proxectos por categoría que poñan en valor o arquipélago da man da banda deseñada e dos graffitis. Os proxectos seleccionados recibirán un orzamento para o desenvolvemento das obras e participarán nunha exposición pública dos proxectos. Os proxectos de graffiti asignaranse a muros públicos da cidade. Os proxectos de cómic exhibiranse nun dos museos da cidade olívica e publicaranse nun libro de relatos sobre as Illas Cíes xunto con artistas de referencia do sector. A convocatoria estará aberta ata o 10 de setembro para proxectos de cómic e ata o 6 de setembro para proxectos de graffiti Kiko Dasilva será o comisario dos proxectos de graffiti e Powone dos proxectos de graffiti. 6 PDF descarga disponibles...........................: 1.Solicitud de Participación Comic: https://bit.ly/2VILjbm........................................................................ 2b.Bases Convocatoria Comic (castellano): https://bit.ly/3yYd1Pc....................................................... 3.Solicitud de Participación Grafiti: https://bit.ly/3ywUVnS........................................................... 4b.Bases Convocatoria Grafiti ( castellano): https://bit.ly/3m9uXDz.....................................................



Galería de imaxes:

Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

CíesCultura 2019 - Desafío Fotográfico e Audiovisual Illas Cíes


Inicio: 9 de Setembro 2019


Tema: Certame artístico


CONVOCATORIA DE PROXECTOS PARA RESIDENCIA ARTÍSTICA SUBVENCIONADA NAS ILLAS CÍES (FOTO & VÍDEO) A primeira edición deste programa ábrese para as disciplinas de audiovisual “DESAFÍO AUDIOVISUAL ILLAS CÍES” e fotografía “DESAFÍO FOTOGRÁFICO ILLAS CÍES” , rexidas cada unha delas por unhas condicións específicas e criterios de participación que se poden consultar nas Bases da convocatoria 4 PDF descarga dispoñibles: Bases Convocatoria Fotografía Anexo Solicitude de Participación Fotografía Bases Convocatoria Audiovisual Anexo Solicitude de Participación Audiovisual



Galería de imaxes:

Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

Exposicón Fotográfica ·As Mil Caras das Illas Cíes"


Inicio: 30 de Outubro 2018


Tema:


Percorrido fotográfico polas diversas singularidades e riquezas naturais e patrimoniais das illas Cíes. Partiremos da imaxe das illas coma o horizonte da cidade de Vigo, para despois admirar a beleza das súas paisaxes, cheas de contrastes de releves, formas e cores, coñecer a biodiversidade mariña e terrestre da súa flora e fauna, os principais procesos ecolóxicos que nelas se suceden…. completando unha viaxe que nos permitirá coñecer as mil caras das illas Cíes. Lugar: peatonal do Calvario Inauguración: Martes 30 de Outubro as 11:30h


Galería de imaxes:

Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

Campaña de apoio social á Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade.


Inicio: 20 de Xaneiro 2018


Tema: Eventos


O 20 de xaneiro o Alcalde de Vigo lanza a campaña de recollida de firmas a favor da Candidatura das Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. Esta campaña súmase ás xa realizadas e ás moitas outras que virán, cuxo obxectivo é achegar á cidadanía os valores das Illas e o seu potencial para ser recoñecidas baixo este programa internacional, así como materializar apoios firmes desde esta dimensión social.


Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

Illas Cíes, unha experiencia única 360º.

Eventos culturais promovidos pola marca Candidatura Illas Cíes Patrimonio Mundial


Inicio: 21 de Xuño 2017


Tema: Evento


Con motivo do solsticio de verán, o Concello de Vigo, fixo participe á poboación deste evento con diversas actividades musicais e lúdicas, para desfrutar do marabilloso atardecer desde a praia de Samil, coas maxestosas Illas Cíes de fondo. O espectáculo foi gravado utilizando a tecnoloxía 360º. O vídeo foi compartido a nivel internacional mediante medios streaming ofrecidos polo Diario El País.


Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

Macro-clase de ioga para transmitir os valores de paz e solidariedade da Candidatura de Illas Cíes a Patrimonio Mundial.

Eventos deportivos promovidos pola marca Candidatura Illas Cíes Patrimonio Mundial


Inicio: 21 de Xullo 2016


Tema: Ioga


O Día Internacional do Ioga, o Concello de Vigo, sumouse a esta xornada cunha macro-clase de ioga, denominada “IOGACÍES”. Unha acción de máis de 2 horas con centos de participantes, acompañada de exhibicións e música en directo, para apoiar a candidatura das Illas Cíes con clases guiadas de ioga en plena natureza, como unha forma de sensibilizar e concienciar sobre a riqueza natural e paisaxística a conservar.


Galería de imaxes:

Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

Programa de concertos “O Canto das Illas”.

Eventos culturais promovidos pola marca Candidatura Illas Cíes Patrimonio Mundial


Inicio: 20 de Febreiro 2015


Tema: Festivais e concertos


O Concello de Vigo promoveu un espectáculo musical e audiovisual gratuíto no Auditorio Mar de Vigo, impulsando a candidatura. A serie de concertos estruturouse en catro bloques: “Illa de Monteagudo”, coa Orquesta Sinfónica Vigo 430. O bloque "Montefaro", con Lucía Martínez, que actuou cos profesores e o coro infantil da Escola Municipal de Música. O bloque "San Martiño", actuou Sondeseu, con alumnos da ETRAD e os solistas Begoña Riobó e Anxo Pintos e o bloque, “Illas dos Deuses” incluíu unha suite de Rodrigo Romaní, interpretada por Sondeseu, a Orquesta Vigo 430 e a Coral Casablanca.


Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

Evento veteranos Real Club Celta de Vigo.

Eventos deportivos promovidos pola marca Candidatura Illas Cíes Patrimonio Mundial


Inicio: 30 de Maio 2014


Tema: Fútbol


O Concello de Vigo organizou un partido de fútbol internacional con veteranos do Celta, con figuras como Mazinho, Valery Karpin, Revivo, Vlado Gudelj, Vicente, Jorge Otero, Rafa Berges ou Cañizares, capitaneados por Patxi Salinas, así como xogadores internacionais de gran palmarés como Luis Milla, Rochina, Ismael Urzaiz ou Fran Yeste. O evento, ademais de dar apoio á candidatura tivo outro matiz social, ao destinarse beneficamente o recadado a asociacións e organizacións que traballan a favor dos menores.


Galería de imaxes:

Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

Festival “Illas Cíes”.

Eventos culturais promovidos pola marca Candidatura Illas Cíes Patrimonio Mundial


Tema: Festivais e concertos


No primeiro evento (2014), alternáronse concertos en Auditorio Mar de Vigo e o parque municipal de Castrelos. En total, participaron trece artistas de prestixio nacional e internacional como Steve Vai, Anthrax e Aphonnic, Quilapayún, Toquiño e María Creuza, e La Noche Movida, con Nacho Vega, Jaime Urrutia, Gurruchaga, Carbonell e Coti, entre outros.
O segundo evento (2017), incluíronse citas gastronómicas, musicais e de ocio, enfocadas a divulgar os atributos naturais destas illas e a importancia de protexelas, baixo a consolidación da candidatura Cíes Patrimonio da Humanidade. Con grupos da talla de The Pretenders, no auditorio de Castrelos, Carlos Vives, Miguel Bosé, La Oreja de Van Gogh, Morat, Uxía y la Real Filharmonía de Galicia no Auditorio Mar de Vigo ou Roger Hodgson, antigo líder e voz icónica de Supertramp, tamén no Auditorio Mar de Vigo, entre outros.


Galería de imaxes:

Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

35ª Copa do Rei MAPFRE.

Eventos deportivos promovidos pola marca Candidatura Illas Cíes patrimonio mundial


Tema: Competicións náuticas


A embarcación do equipo español da Volvo Ocean Race levou rotulado no seu casco o lema “Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade”, como apoio á candidatura. Evento, no que tamén prestou o seu apoio S. M. O Rei Don Juan Carlos I. Durante as paradas en diversos portos internacionais nesta travesía, o equipo, posou no barco co logo da candidatura. O logo da candidatura estivo tamén presente na división BMW ORC. O barco “Sinegia 40 Movistar”, capitaneado por Pedro Campos e o seu equipo, líder absoluto desta división, luciu nas súas velas a marca “VIGO, ILLAS CÍES PATRIMONIO DA HUMANIDADE”.


Galería de imaxes:

Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

Campaña difusión Estación Sur de Madrid.

Divulgación candidatura Illas Cíes Patrimonio Mundial


Tema: Publicidade medios de transporte


O Concello de Vigo firma un acordo a través do cal rotúlase un total de 120-130 metros do túnel que comunica a Estación Sur de Madrid de autobuses coa Estación de Metro e Cercanías.


Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

Campaña difusión Autobuses Avanza.

Divulgación candidatura Illas Cíes Patrimonio Mundial


Tema: Publicidade e medios de transporte


O Concello de Vigo firma un convenio coa compañía Avanza para apoiar o proceso de candidatura a través do rotulado de dous autobuses coa imaxe das Illas e o lema “Illas Cíes: Obxectivo da Humanidade”.


Icona actividades difusión Illas Cíes Patrimonio Humanidade

Presentación Illas Cíes Feira Fitur 2016, 2017 e 2018.

Divulgación Candidatura Illas Cíes Patrimonio Mundial


Tema: Eventos


O principal obxectivo da participación do Concello de Vigo (encabezado polo alcalde da cidade), na Feira Internacional de Turismo, foi difundir o atractivo de Vigo, fundamentado principalmente polo alto valor que aportan as Illas Cíes, e a necesidade de divulgar os seus atributos naturais. Presentáronse dous vídeos promocionais deseñados e editados en exclusividade para esta Feira.
Na edición de 2018, o Alcalde de Vigo como promotor da Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade, arroupado por unha representación de científicos de relevancia internacional e representantes de diversos colectivos sectoriais, presenta en FITUR o avanzado estado en que se encontra o proxecto e Candidatura.


Galería de imaxes:

Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar