Vídeos
Inicio | Galeria | Videos



Desafío Fotográfico e Audiovisual Illas Cíes

Abel Caballero apoia as Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade

Presentación Candidatura Illas Cíes Patrimonio Mundial, Feria FITUR 2018

O Comité Científico avala a Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

Illas Cíes de Vigo: Obxectivo Patrimonio da Humanidade

“Vigo: Illas Cíes, destino turístico” (Presentación en Fitur 2015)

Illas Cíes, Praia de Rodas

Illas Cíes, Mirador

Illas Cíes, Submarino

Illas Cíes, Submarino


Outros viron as Cíes así:

SyngDoc: O descoñecido mundo dos signátidos.

Os sygnatidos nas Illas Cíes, unha ferramenta para a sensibilización acerca da necesidade de conservar a biodiversidade mariña.

Documental SygnDoc que se centra nos peixes Signátidos (cabaliños de mar, dragóns de mar e peixes pipa) como ferramenta de sensibilización para a conservación da biodiversidade mariña. O documental baséase na investigación que realiza o Grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peixes Mariños no IIM (CSIC), en Vigo. Enlace ao blog do proxecto aquí.

GALICIA SUBMARINA: O ILLOTE DE VIÑOS NAS ILLAS CÍES

A riqueza submarina do illote de Viños

Vídeo documental sobre o illote de Viños, situado entre as illas Norte e Sur do arquipélago das Illas Cíes. Amosa a gran riqueza de especies que se atopan na rexión submarina do illote.

Divulgare

Illas Cíes un laboratorio natural: a importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares

Mediante este video de animación 3D o Laboratorio de Ecoloxía e Evolución de plantas e o Grupo Divulgare da Universidade de Vigo pretenden mostrar o papel, descoñecido para o gran público, dos lagartos coma modeladores da paisaxe vexetal nos ecosistemas insulares. Estes réptiles modifican a súa dieta en ambientes insulares incorporando moitos froitos carnosos. Ao inxerir estes froitos, dispersan as súas sementes cun resultado fantástico para as plantas. O vídeo mostra os resultados dun proxecto de investigación que o laboratorio de Ecoloxía e Evolución de plantas da Universidade de Vigo realizou no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (España) con financiación do Organismo Autónomo de Parques Nacionais.

Divulgare

O mar de Ardora - Alarma contra ladróns

GCiencia

PlanetaCíes: Obradoiros Illas Cíes Patrimonio da Ciencia

Vídeo resumen dos obradoiros "Illas Cíes Patrimonio da Ciencia", organizados no marco da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade, para descubrir aos cativos da cidade a cara oculta das illas Cíes: o seu valor científico e natural

Cadena Ser - Radio Vigo

Sinto Cíes - Entrevista ao Alcalde, Abel Caballero e aos coordinadores dos comités técnicos e científicos (Yolanda Aguiar e Emilio Fernández)

O alcalde de Vigo, Abel Caballero e presidente do comité de Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade, xunto a Yolanda Aguiar, Coordinadora do Comité Técnico e Emilio Fernández, Coordinador do Comité Científico fálannos da importancia do Programa Educativo e de divulgación Planeta Cíes, que abarca actividades dirixidas desde educación primaria até o ámbito universitario. Presentarase oficialmente a finais de ano un Libro que recolle a través de máis de 300 referencias bibliográficas os valores naturais e culturais desta contorna

VIVIR O MAR (TVG): Proxecto ARTEVIGO

A aparente xornada pesqueira forma parte das actividades do proxecto ARTEVIGO que votou a andar en outubro de 2009 para coñecer mellor a vida dos pintos, abadexos e as maragotas

O grupo de Ecoloxía Pesqueira do IIM de Vigo amosa neste vídeo o desenvolvemento do proxecto “ARTEVIGO”, cuxo obxectivo era o seguimento mediante telemetría acústica de exemplares de pinto e maragota na contorna das Illas Cíes. No vídeo móstranse algunhas labores de campo derivadas do propio proxecto, así como as especies de peixes a estudar.

Pedro Alonso

TURISMO 3D TV

Pequeno paraíso reservado á natureza

Neste vídeo fan especial mención á Praia de Rodas como unha das dez mellores praias do mundo: destacan a beleza do medio natural e da paisaxe.

TVE

Reportaxe do telexornal de TVE 1 que describe as paisaxes que ofrecen as Illas Cíes, así como algunhas das especies máis representativas que é posible encontrar nesta paraxe natural.

RTVE ESPAÑA DIRECTO

A beleza e riqueza dos seus fondos mariños

Televisión española amosa nesta ocasión as bondades da vida submarina das Illas Cíes, caracterizada por unha gran diversidade de especies, tanto de flora como de fauna.

Concurso Mejor playa de 2017 (antena3)

A brancura da area chama tanto a atención como a auga, tan transparente

Vídeo que da a coñecer a praia gañadora do concurso de El Tiempo de antena 3 “La mejor playa de España” que tivo lugar ao longo de todo o verán. Os espectadores votaban a través das redes sociais, primeiro a mellor praia de cada comunidade, para finalmente, acabar votando á mellor do país. Resultando gañadora a praia de Rodas das Illas Cíes.

MOLA VIAJAR

A praia de Rodas non ten nada que envexar ás asiáticas nin ás mexicanas

Especial mención a cor das súas augas (dun intenso azul turquesa), á transparencia que ofrecen... Así como as súas areas brancas, as vistas “impresionantes” que ofrecen e as diversas actividades que, de maneira sostible, poden desenvolver, en beneficio do desfrute de este entorno.

Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar