Fauna

Flora e fauna terrestre

Nas Illas Cíes, as aves atoparon unhas condicións idóneas para establecerse: acantilados onde aniñar, abundancia de recursos mariños, etc.

Son as aves as que, como di a guía Illas Atlánticas, constitúen unha das xoias naturais máis importantes e coñecidas do Parque Nacional. Como xa se comentou anteriormente, a gaivota patiamarela (Larus michahellis) é a ave máis abundante e na illa aniñan máis de 22.000 exemplares reprodutoras constituíndo a maior concentración do mundo desta ave.

Outro exemplo é o caso da pardela cincenta (Calonectris diomedea) que colonizou o arquipélago das Cíes en 2007 e actualmente atópase nas illas Monteagudo e San Martiño.

A poboación reprodutora de gaivota patiamerela descendeu moito nos últimos anos. En Cíes estimouse unha poboación reprodutora dunhas 22.000 parellas en 1991, pasando a 7.500 parellas en 2011, e 3.500 parellas en 2015.


É posible diferenciar tres tipos de ecosistemas moi marcados...

Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar