Axenda

Inicio | Axenda | Historico
Axenda

6 de Setembro 2021

Cíes Talent: Certame Arte Urbano

CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE ARTE URBANO (CÓMIC E GRAFFITI) LAS ISLAS CÍES A primeira edición deste programa está aberta ás disciplinas de banda deseñada e graffiti, rexidas cada unha por criterios específicos de participación que se poden consultar nas Bases da convocatoria. Financiaranse 7 proxectos por categoría que poñan en valor o arquipélago da man da banda deseñada e dos graffitis. Os proxectos seleccionados recibirán un orzamento para o desenvolvemento das obras e participarán nunha exposición pública dos proxectos. Os proxectos de graffiti asignaranse a muros públicos da cidade. Os proxectos de cómic exhibiranse nun dos museos da cidade olívica e publicaranse nun libro de relatos sobre as Illas Cíes xunto con artistas de referencia do sector. A convocatoria estará aberta ata o 10 de setembro para proxectos de cómic e ata o 6 de setembro para proxectos de graffiti Kiko Dasilva será o comisario dos proxectos de graffiti e Powone dos proxectos de graffiti. 6 descarga PDF dispoñible: Bases de convocatoria de cómics (galego e castelán) Solicitude de participación en cómic Graffiti Call Bases (galego e castelán) Anexo Solicitude de Graffiti de participació

Enlace Ver Galería

3 de Setembro 2021

Lánzase o "II Desafío Audiovisual Illas Cíes", aberto ás categorías de fotografía e vídeo. Os proxectos seleccionados, 5 de cada categoría, gozarán dunha residencia artística nas Illas Cíes durante 4 días nos que deberán desenvolver os proxectos. Cada proxecto contará cun orzamento para o desenvolvemento das obras e as taxas das residencias serán sufragadas polo Concello de Vigo. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 3 de setembro, enviando a documentación indicada nas bases ao correo electrónico: ciespatrimonio@vigo.org

Enlace Ver Galería

17 de Setembro 2019

CONVOCATORIA PROXECTOS DESAFÍO AUDIOVISUAL ILLAS CÍES

CONVOCATORIA DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS PARA RESIDENCIA ARTÍSTICA SUBVENCIONADA NAS ILLAS CÍES O 1º DESAFÍO AUDIOVISUAL ILLAS CÍES, é un certame no que ata un máximo de 6 Equipos de 6 membros cada un como máximo, terán que elaborar unha peza audiovisual de ficción, documental ou reportaxe sobre as Illas Cíes, contando para elo cunha estancia de rodaxe nas illas para o desenvolvemento dos seus proxectos. Ademais, como se indica nas bases da convocatoria, os equipos disporán dun orzamento para a produción da peza proposta.

Descargar Ver Galería

17 de Setembro 2019

CONVOCATORIA DE PROYECTOS "DESAFÍO FOTOGRÁFICO ILLAS CÍES"

CONVOCATORIA DE PROXECTOS FOTOGRÁFICOS PARA RESIDENCIA ARTÍSTICA SUBVENCIONADA NAS ILLAS CÍES Esta convocatoria ten por obxecto o desenvolvemento de proxectos artísticos enmarcados no ámbito da fotografía contemporánea, os cales terán ás Illas Cíes como eixo principal do mesmo, tomadas estas desde calquera perspectiva fotográfica: artística, conceptual ou de tipo documental. Así, o 1º DESAFÍO FOTOGRÁFICO ILLAS CÍES, é un certame no que ata un máximo de 6 participantes, terán que elaborar un proxecto fotográfico sobre as Illas Cíes, aos que se lles ofrece unha estancia nas illas para o desenvolvemento dos mesmos. Ademais, como se indica nas bases da convocatoria, os fotógrafos disporán dun orzamento para a produción do proxecto proposto.

Descargar Ver Galería

23 de Maio 2019

No marco do programa Educativo Planeta Cíes, organizouse unha saída de campo cos alumnos que participan no Programa de unidades didácticas Illas Cíes Patrimonio da humanidade. 13 colexios e máis 500 participaron en actividades didácticas nas illas mentres aprendian sobre o terreo as singularidaddes do arquipélago. Ruta guiada e gyncana con 30 probas con contidos das unidades didácticas!

Descargar Ver Galería

12 de Decembro 2018

Ciencia e Cañas "Falemos das illas Cíes"- A xeoloxía das Illas Cíes: unha viaxe no tempo.

Actividade enmarcada dentro do "Ciclo de Conferencias: Falemos das Illas Cíes".
Lugar: Mercado do Berbés.
Hora: 20:30h
Relatora: Irene Alejo (UVigo).

Descargar Ver Galería

30 de Novembro 2018

Obradoiros Semana da Ciencia "Planeta Cíes": un mar de cores para o Nautilus

O venres 30 de novembro, con motivo da celebración oficial da Semana da Ciencia, o Concello de Vigo organiza uns talleres científicos enmarcados no Programa Educativo "Planeta Cíes" da Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. Polas mañás desenvolveranse tallares científicos con visitas pechadas de escolares, mentres que polas tardes abrirase a todo público con charlas divulgativas sobre diferentes aspectos naturais das illas Cíes. O investigador do Instituto Español de Oceanografía impartirá unha charla divulgativa titulada "Un mar de cores para o Nautilus” Lugar: museo Marco A partir das 20:00h

Descargar Ver Galería

29 de Novembro 2018

Obradoiros Semana da Ciencia "Planeta Cíes"

O xoves 29 de novembro, con motivo da celebración oficial da Semana da Ciencia, o Concello de Vigo organiza uns talleres científicos enmarcados no Programa Educativo "Planeta Cíes" da Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. Polas mañás desenvolveranse tallares científicos con visitas pechadas de escolares, mentres que polas tardes abrirase a todo público con charlas divulgativas sobre diferentes aspectos naturais das illas Cíes. O investigador do Centro Superior de Investigacións Científicas impartirá unha charla divulgativa sobre as corrientes mariñas e a súa importancia nos recursos pesqueros, titulada "O fenómeno do afloramento costeiro" Lugar: museo Marco A partir de las 20:00h

Descargar Ver Galería

7 de Novembro 2018

Ciencia e Patrimonio - Patrimonio Cultural e Histórico das Illas Cíes.

Actividade enmarcada dentro do "Ciclo de Conferencias: Falemos das Illas Cíes".
Lugar: Club Faro.
Hora: 20:00h.
Relator: Ceferino de Blás (Cronista oficial da cidade de Vigo).

Ver Galería

30 de Outubro 2018

Percorrido fotográfico polas diversas singularidades e riquezas naturais e patrimoniais das illas Cíes. Partiremos da imaxe das illas coma o horizonte da cidade de Vigo, para despois admirar a beleza das súas paisaxes, cheas de contrastes de releves, formas e cores, coñecer a biodiversidade mariña e terrestre da súa flora e fauna, os principais procesos ecolóxicos que nelas se suceden…. completando unha viaxe que nos permitirá coñecer as mil caras das illas Cíes. Lugar: peatonal do Calvario Inauguración: Martes 30 de Outubro as 11:30h Finaliza: 17/12/2018

Ver Galería

24 de Outubro 2018

Ciencia e Cañas - Procesos Ecolóxicos nas Illas Cíes.

Actividade enmarcada dentro do "Ciclo de Conferencias: Falemos das Illas Cíes".
Lugar: Mercado do Berbés.
Relatores: Alberto Velando (UVigo) e Carlota Barañano (Comité de candidatura).

Ver Galería

4 de Outubro 2018

Obradoiros illas Cíes, Patrimonio da Ciencia

Talleres para todos os públicos, nos que niñ@s e adultos poderán realizar actividades e experimentos coa ciencia aplicada ás illas Cíes! 6 talleres que abordarán temáticas tan variadas como o patrimonio xeolóxico, os hábitats e especies máis emblemáticos das illas Cíes, os procesos ecolóxicos e a interacción terra-mar mediada polas aves, a diversidade paisaxística do arquipélago ou o equilibrio entre usos e conservación. Horario de mañá (10:00-13:00h) visitas concertadas con colexios. Horario de tardes (17:00-20:00h): aberto a todos os públicos.


3 de Outubro 2018

Ciencia e Gastronomía - Usos sostibles nas Illas Cíes.

Actividade enmarcada dentro do "Ciclo de Conferencias: Falemos das Illas Cíes".
Lugar: Mercado do Berbés.
Relatores: Fran Saborido e Miquel Planas (CSIC-IIM).


5 de Setembro 2018

Ciencia e Cañas - Flora insular e a acción humana sobre as Illas Cíes.

Actividade enmarcada dentro do "Ciclo de Conferencias: Falemos das Illas Cíes".
Lugar: Mercado do Berbés.
Relator: Luis Navarro (UVigo).

Descargar

20 de Xullo 2018

Foro Internacional: CLIMATE CHANGE AND THE OUTSTANDING UNIVERSAL VALUE: Challenges for Planning and Management


18 de Xullo 2018

Ciencia e Cine - Mergúllate nos fondos mariños das Illas Cíes.

Actividade enmarcada dentro do "Ciclo de Conferencias: Falemos das Illas Cíes".
Lugar: Praza da Constitución.
Relator: Manuel E. Garci (CSIC-IMM).

Descargar Ver Galería

22 de Xuño 2018

Congreso “Patrimonio Cíes” no marco da Celebración do VI INTERNACIONAL SYMPOSIUM ON MARINE SCIENCES

Enlace

2 de Maio 2018

Presentación da candidatura “Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade” no III Congreso Internacional de Boas Prácticas en Patrimonio Mundial: accións integrais, que terá lugar en Menorca.

O comité técnico presentará un relatorio no que dará a coñecer a candidatura das Illas Cíes e as accións de ciencia cidadá promovidas polo Concello de Vigo, a un público especializado en Patrimonio Mundial, compartindo escenario con diversos bens xa declarados ou en proceso de declaración.

Este congreso Internacional ofrece un marco de reflexión conxunta para a comunidade científica e principais entidades públicas e privadas implicados no Patrimonio Mundial.

O programa de este ano está orientado a presentar, compartir e debater acerca de todas aquelas accións que esixen un tratamento multidimensionado do Patrimonio Mundial (con polo menos dúas de estas tres miradas: científico-técnica, político-administrativa e social).

Concretamente, presentarase o Programa Ciencia Cidadá: “Illas Cíes, Despertando Conciencias Ambientais”. Neste programa trabállase na xeración dunha nova cultura científica que redundará nun mellor coñecemento de este espazo natural desde diversas dimensións, permitindo aos cidadáns traballar ao servizo e en beneficio da Ciencia, cun grado de implicación persoal e social moi importante. Este programa preséntase como o elemento diferenciador da Candidatura Illas Cíes Patrimonio Mundial, ofrecendo a posibilidade de traballar no marco dun escenario aberto, colaborativo e transversal no beneficio da conservación das Illas Cíes.

Enlace

20 de Xaneiro 2018

Campaña de apoio social á Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

Lugar: Porta do Sol, Vigo


18 de Xaneiro 2018

Presentación avances Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade UNESCO en FITUR 2018.

Lugar: FITUR, IFEMA 2018


18 de Xaneiro 2018

Presentación da candidatura “Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade” en FITUR.


13 de Decembro 2017

Celebración da 3º mesa técnica do Comité Científico


16 de Novembro 2017

Celebración da 2ª mesa técnica do Comité Económico-Social


10 de Novembro 2017

Celebración da 2ª mesa técnica do Comité Científico


2 de Novembro 2017

Celebración da 2º mesa técnica do Comité Económico-Social


19 de Outubro 2017

Presentación oficial do equipo de traballo: Comité Científico, Comité Económico-Social e Comité Técnico.


19 de Outubro 2017

Celebración da 1º mesa técnica do Comité Científico


Imagen footer Islas Cíes Objetivo Patrimonio de la Humanidad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para medir visitas e analizar o uso do noso sitio web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Aceptar e Cerrar